O Valencia trae vellos recordos

Vicente Leirachá
Vicente Leirachá PUNTO DE MIRA

TORRE DE MARATHÓN

12 mares 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

A lgunosduros reveses que sofre o equipo dun, cando o marcador lle resulta adverso e o seguidor non o agardaba, deixan normalmente unha pegada profunda que non se borra do recordo do afeccionado. Seguro que é así, e invito a calquera dos veteranos, se o dubidan, a que sometan a súa memoria a proba. Digo isto porque, tras sufrir a amargura de moitas derrotas ao longo de máis de 100 partidos, no palmarés deses reveses sempre me aparece a derrota por 3-0 sufrida polo Deportivo ante o Valencia, no desaparecido campo de Riazor. Se lles digo que aquel partido o arbitrou Mazagatos, a máis dun deses veteranos refrescaráselle a memoria. Desde aquela afastada tarde do 8 de febreiro de 1942, cada vez que ven as caras Deportivo e Valencia lembro ao árbitro Mazagatos dando por válidos o segundo e terceiro gol valencianista, precedidos de foses de xogo, un clamoroso de Gorostiza.

Ao Deportivo adestrábao Hilario Marrero e o equipo coruñés rematou a Liga en cuarto lugar, inmediatamente detrás do At. Aviación, terceiro clasificado do campionato que gañou precisamente o Valencia. De quinto, o Real Madrid.

E agora, «¡oído ao parche!» que diría orgulloso o paisano lembrándonos que naquela tempada 41-42, o Deportivo gañou en Riazor ao Real Madrid por 1-0; por 2-1 ao Ath. Bilbao; ao Barcelona, tamén por 1-0; ao At. Aviación por 2-1. En Riazor tamén caeron derrotados a Real Sociedade (3-0) e ao Celta gañóuselle por 4-0. Con todo e isto, o Valencia segue espertándome serio temor, ante o partido de mañá, en Mestalla.