Os arietes branquiazuis só marcaron 3 goles en Liga en 1.870 minutos

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Toché, con dous goles en 719 minutos, está por diante de Hélder Postiga e Oriol Riera

23 feb 2015 . Actualizado á 10:48 h.

A seca goleadora de Oriol Riera non é excepcional no Deportivo. De feito, entre os tres arietes branquiazuis só marcaron 3 goles nos 1.840 minutos de Liga que se repartiron.

O que máis xogou, e tamén máis marcou, foi Toché. Dous goles en 719 minutos. Helder Postiga só fixo un tanto nos 668 minutos que Víctor o aliñou. Por detrás deles, está o actual titular, Riera, sen estrearse tras 483 minutos.

Se xuntamos os minutos e os goles marcados polos tres, obtemos que os arietes do Dépor necesitan 623,3 minutos para conseguir perforar a meta contraria.