Patrocinado por:

Guerra á venda de seguidores falsos nas redes sociais

La Voz

LECER\

A fiscalía de Nova York denuncia a unha firma por manipular o tráfico de contas de personaxes famosos

01 feb 2019 . Actualizado ás 12:17 h.

O Estado de Nova York denuncia as actividades ilícitas, levadas a cabo pola empresa estadounidense, Demuvi. As prácticas ilegais polas que a empresa neoiorquina se presenta ante a xustiza consistían en manipular o tráfico que tiñan as contas sociais de políticos, artistas, empresarios e deportistas coa consecuente repercusión nos datos estatísticos destas plataformas.

A fiscalía alega que estas actividades constitúen unha «fraude en liña» polo que pediu que a empresa, concretamente o CEO da compaña, Germán Calas, pague unha multa de 50.000 dólares (43.649 euros).

Estímase que a sociedade mercantil recadou 15 millóns de dólares (13,1 millóns de euros) coa venda destes perfís ficticios polo que a contía imposta en concepto de multa só cubriría o proceso de investigación, segundo afirma a CNN.

Laetitia James, a fiscal xeral, manifestou que a organización empresarial, Demuvi , «enganou e intentou afectar na toma de decisións das audiencias das redes sociais» polo que se manterá firme e «perseguirá a venda de seguidores falsos en redes sociais, así como comentarios, likes e visualizaciones».

Doutra banda, a letrada neoiorquina encargada do caso aproveitou a casuística deste caso para levar a cabo un labor de conciencia social que reside en facer un chamamento á loita contra o intrusismo e a falsificación de identidades nestas plataformas cuxo alcance e repercusión social son inmensos.

Así mesmo, o descubrimento deste delito a mans da empresa Demuvi, que actualmente xa non se atopa en activo, saíu á luz grazas á investigación da fiscalía de Nova York. Nela atopouse que o sistema operativo desta compaña residía en xerar contas sociais falsas e manexables que pasasen desapercibidas ante o instinto humano. Ás veces autogestionadas e outras usadas por persoas designadas pola empresa. Mesmo chegaron a roubar e utilizar fotografías sen o permiso do afectado e a «roubar identidades de persoas reais para levar a cabo fraudes», afirma James.

Finalmente, a compaña tamén foi acusada de vender contidos patrocinados sen advertilo a empresas de publicidade a través de canles de influencers, recolle Europa Press.