Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Medio Rural declarará zonas vulnerables a nitratos «cando o Ministerio o determine con certeza»

Somos Agro REDACCIÓN

SUSTENTABILIDADE

PARLAMENTO | EUROPAPRESS

A conselleira respondeu no Parlamento a unha interpelación sobre o tema

08 abr 2025 . Actualizado á 20:59 h.

Medio Rural está a agardar os estudos definitivos do Ministerio de Transición Ecolóxica que confirmen de onde procede a contaminación das augas antes de declarar as zonas vulnerables a nitratos na comunidade. Polo menos é o que avanzou esta tarde a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, durante a súa resposta a unha interpelación formulada no Parlamento sobre o tema. «Declararemos esas zonas como vulnerables cando o Ministerio o determine con certeza», dixo. 

Ademais lembrou que os agricultores e gandeiros galegos «van poder seguir empregando o xurro ou o esterco como fertilizantes nas súas terras, con toda normalidade, sempre empregando boas prácticas no caso dunha posible declaración de zonas vulnerables por nitratos de fontes agrarias». 

Lembrou que «polo momento, aínda non se declararon estas zonas», pero en todo caso, as granxas non van ter que adoptar medida de ningún tipo en maio. Neste sentido explicou que, aínda que acaben declarándose zonas vulnerables, «a propia normativa estatal de aplicación establece un prazo de dous anos para aprobar un plan de actuación ao respecto». 

María José Gómez engadiu que, «cando se aprobe o devandito plan, pasarán a ser obrigatorias determinadas medidas relativas á fertilización agraria e á súa correcta adecuación ás necesidades do terreo e dous cultivos». Lembrou tamén que o seu departamento «ten a obriga de declarar aquelas zonas nas que a contaminación estea causada significativamente por nitratos de orixe agraria». remarcou.