Unións Agrarias coordina axuda para gandeiros de Ourense afectados pola falta de alimento
GANDERÍA

Proecogal ofrece colaboración aos gandeiros e agricultores na os afectados e Medio Rural comezou o sábado o envío de alimento a concellos como Pobra de Trives
19 ago 2025 . Actualizado á 17:21 h.Viana do Bolo, Xinzo, A Mezquita, Verín, A Gudiña.... Todos estes son concellos con explotacións de gandería de vacún en extensivo, con colmeas, con rabaños de ovellas, cabras.... O sábado a Consellería do Medio Rural envío os primeiros tráileres con forraxe e penso a Pobra de Trives, onte a asociación de Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia (Proecogal) tamén ofreceu a súa axuda e colaboración para os afectados que non só perderon a comida para o gando, tamén animais ou as instalacións nos que se resgardaban e agora Unións Agrarias habilitou a súa rede de 30 oficinas para coordinar de forma ordenada a recollida de alimento para o gando.
Desde a organización agraria lembran a importancia de que a axuda chegue de forma coordinada para poder cubrir de forma eficiente a maior demada que se poida. Porque como di Félix Porto, «vaise necesitar axuda a curto, medio e longo prazo».
De feito, esta mañá na Gudiña os técnicos de Unións Agrarias mantiveron unha reunión para organizar toda esa loxística porque son os que están máis pegados ao terreo os que mellor coñecen as necesidades dos ganadeors. Unións Agrarias solicita que os produtores que queiran colaborar contacten coas oficinas comarcais da organización ou a través da sede da organización agarria en Santiago, chamando ao teléfono 981 530 500.
Desde a organización agraria solicitan tamén á Xunta , que atenda «as maiores urxencias das explotacións afectadas e garantir as necesidades de alimentación do gando, activar xa a avaliación de danos en vivendas, explotacións, cultivos e infraestruturas e preparar axudas accesibles e realistas, sen formalismos imposibles, e buscar saídas para os requerimentos da PAC».