Patrocinado por Patrocinadopor

«As axudas ás industrias teñen que ir condicionadas a transformar o leite en Galicia»

M.Cedrón REDACCIÓN

GANDERÍA

cedida

Di que non se renden no proceso contra Lactalis e aportarán novas probas

01 dic 2020 . Actualizado ás 09:48 h.

Roberto García é un histórico, un sindicalista de Rodeiro que colleu as rendas de UU.AA. en 1987, cando tiña pouco máis de sesenta agricultores e gandeiros afiliados. Agora ten 14.000. Neses 33 anos viviu en directo a transformación do sector primario en Galicia. Agora fai unha avaliación do que ten por diante.

—Viviu o intento fallido de crear un grupo lácteo galego, as cuotas, a súa desaparición, a crise de prezos do leite... Que lle parece o novo plan lácteo que quere lograr que un 75 % do leite que producimos o transformemos aquí?

—A nós pedíusenos opinión sobre distintos temas para elaborar o plan, pero non sabemos qué propostas foron recollidas ou non. Nesta semana se comprometeron a facernos chegar o documento, pero a día de hoxe (xoves da semana pasada) as descoñecemos. Pero máis alá de que nos pareza mellor ou peor, a súa credibilidade vai depender da partida orzamentaria para facer as medidas críbles. As axudas á industria teñen que ir condicionadas a transformar o leite en Galicia ou non servirá de nada; se a falta de base territorial non leva implícita unha partida orzamentaria para resolver as máis de cen concentracións parcelarias sen rematar ou para articular ferramentas que nos permitan que as máis de 600.000 hectáreas que poden estar improdutivas se poñan a disposición dos gandeiros, tanto facilitando a lei de arrendamentos como penalizando fiscalmente o abandono, non valerá de nada todo o que poidamos REVISAR facer. POrque de nada vale se a produción de leite se encarece pola dependencia na merca de insumos, ou se aos mozos non lles resolvemos problemas como a cobertura dixital ou servizos públicos de educación, sanidade, garderías... Pero o tema fundamental é que se non equilibramos a negociación entre gandeiros, a industria e distribución para formar prezos continuaremos tendo as tarifas máis baixas de todo o Estado.

—Tería que funcionar a Lei da Cadea que aprobou o Goberno central a primeiros de ano e non quedar en papel mollado?

—A Lei da Cadea marca uns obxectivos cos que estamos de acordo (...) O que non di é como se regula cando unha das partes ten moito máis poder que a outra. Di que non se pode pagar por debaixo do que custa producir, pero o que non di é en base a qué establecemos obxectivamente o custe porque non hai índices de referencia ni na comunidade nin polo ministerio que digan canto custa producir nin un kilo de carne de tenreira, nin un kilo de patacas, nin un litro de leite Ou desenvolvemos fórmulas que impidan que o que ten máis forza impoña aos outros as condicións, ou estaremos nas mesmas circunstancias que antes, coa gravidade de que xeraremos maior impotencia porque lle estamos dicindo á opinión pública que sacamos unha lei para corrixir iso, pero na práctica estamos peor que antes.

—Teriamos que ter un mediador como en Francia?

—A figura do mediador e ter uns índice s públicos onde figure o custe medio de producción deben ser elementos indispensables para cumplir coa voluntariedade que indica a Lei da Cadea.

—A Audiencia Provincial de Lugo ven de desestimar a denuncia de Unións Agrarias contra Lactalis na que vostedes a acusaban de suposta apropiación indebida por non cumprir un acordo rubricado en Madrid no 2015 no que a distribución se comprometía a trasladar dous céntimos en litro á industria polo leite de marca branca para que repercutiran nas granxas proveedoras. Van recurrir?

—A sentencia o que fai é archivar provisionalmente o procedemento, entendendo que a industria non se apropiou deses cartos porque correspondían a un acordo co Ministerio. Pero non estamos reclamando ese acordo co Ministerio que é de ámbito nacional e que non nos afecta. Estamos reclamando o acordo que se firmou só en Galicia coas cadeas de distribución para a marca branca do leite recollido en Galicia, non no resto do Estado como di a sentencia. Entendemos que hai elementos para iniciar unha nulidade de actuacións e, polo tanto. imos reiniciar ese procedemento, aportando novas probas que lle fagan entender ao xuíz que está confundindo dous acordos que nada teñen que ver. (...) Primeiro imos aproveitar que este proceso non é firme e que permite actuacións e, en todo caso, quedaría aínda unha posibilidade dunha nova demanda na vía civil.

—Falamos de leite, pero agora os que o están a pasar realmente mal cos prezos son os produtores de carne. Son uns heroes que non chegan a fin de mes. Planas acaba de pedir axudas directas en Bruselas, pero cal sería a solución?

—O vacún de leite partía dunha situación histórica que parte dun procedemento máis típico da Idade Media que da actual, o que leva a que a carne teña o mesmo prezo que hai 30 anos, aínda que os custes de produción se teñan disparado. O sector continúa nas mans de intermediarios tratantes que son os únicos que teñen unha marxe de beneficio. Temos o mesmo número que hai trinta anos, habendo a metade de explotacións. Ao trasladar o animal da corte ata o matadoiro quedan coa pouca marxe que poda haber na cadea, sen aportar nada a esa producción. É un sector que xa estaba en crise e a pandemia agravouna. Os gandeiros de carne levan todo o 2020 perdendo cartos e todo fai pensar que ata mediados do 2021 non se vai reabrir o turismo e a hostalería. Habería que pensar en medidas para evitar que pechen esas explotacións porque as granxas de carne que pechen non volven abrir. E sobre todo porque esa explotación de carne, tamén de ovino e caprino, que está entre as máis desfavorecidas fai un papel social e de xestión do territorio. Porque non é só perder quilos de carne de moi boa calidade, é xerar o abandono de moitas aldeas que despois virá xestionar o lume. Polo tanto, cando o outro día na UE se plantexaban axudas directas a estes sectores, pois son imprescindibles.

—O Goberno central está cociñando unha nova norma de xestión de puríns que, de levarse a cabo tal e como está, é afogar un pouco máis ao sector. Os que fan as normas terían que baixar máis a pé de campo?

—Creo que non é que esté feita dende o descoñecemento, senón que estamos un pouco baseándonos en globos sonda. Creouse un borrador moi agresivo, pero creo que vai experimentar os suficientes cambios para que se poda aplicar. O primeiro que habería que ver é cal é o grado de contaminación que provoca unha explotación de doce vacas no Caurel e o que fai unha granxa de 2.000 nais de porcos en Lérida. Creo que non ten nada que ver. Aplicar medidas iguales para cousas diferentesm é inxusto. O segundo dos elementos que habería que ter en conta é que ten que ser económicamente viable, como di a UE. O que non pode ser é que a xestión deses abonos orgánicos haxa que facela cunha inversión en maquinaria que nin o endeudamento da explotación para máis de cincuenta anos permitiría amortizar. Polo tanto, o que é imposible económicamente non se vai levar a cabo. En terceiro lugar, ten que ser viable técnicamente. Hai cantidade de zonas da montaña de Ourense, de Lugo, de Asturias que pola pendente é imposible poder levar a cabo a aplicación de modelos que se propoñen de aplicación de puríns. Queremos entender que non nos están decindo que non se pode usar o purín como abono orgánico e que temos que ir cara material químico, cremos que estamos nunha primeira etapa. (...) E para o período transstorio ten que haber fondos públicos para poder facer esa transición que redunda en beneficio da sociedade.

—O proxecto da nova PAC 2021/2027 está pendente de que lle den a súa aprobación nos trílogos (Comisión, Consejo e Parlamento da UE), pero onde vai estar o miolo da cuestión é na negociación do Plan Nacional para a PAC en Madrid. Qué debería defender aí Galicia?

__Hai cousas que son inevitables como ese 20 % de orzamento para política verde que deberá de ser suficiente para que toda a inversión que se lle vai esixir aos agricultores e aos gandeiros veñan financiadas e non lle supoñan unha merma de renda. Despois hai que ver cómo resolvemos as axudas do segundo piar que para o ano 2021 e 2022 non están resoltas. Despois temos que cambiar a mentalidade. Non podemos discutir canto ven para Galicia ou canto vai para Asturias, senón qué tipo de gandeiro de España vai a cobrar e qué tipo de axudas. As axudas teñen que ir destinadas a quen sexa agricultor e gandeiro. Polo tanto, o tipo de renta vai ser determinante. Acabouse o agricultor de sofá, o agricultor xubilado que arranxa a paga cos cartos da PAC- E iso vainos axudar tamén a que haxa maís movilidade de terras. Que todo o que se recorte dos que non son agricultores e todo o que se aforre por establecer un máximo de axuda por exploatción, que nos creemos que ten que andar nos 60.000 euros, deberá de ir a un fondo común que logo deberá repartirse non con criterios territoriales, senón con criterios socioeconómicos iguais para toda España, con independencia de onde esté o agricultor ou o gandeiro. Non podemos marcar un agravio comparativo en función da comunidade na que se viva. De ahi a importancia que ese fondo de reparto interterritorial teña ámbito nacional.