Patrocinado por Patrocinadopor

Todo o ciclo do trigo, á vista en Castro de Rei

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

GANDERÍA

ÓSCAR CELA

Péchaa o domingo un ciclo de actos que empezaron coa sega e seguiron coa meda

25 ago 2019 . Actualizado ás 12:29 h.

O que se achegue o domingo a observará Castro de Rei unha notable animación no campo da feira. Uns traballarán na malla, e outros observarán o desenvolvemento desas faenas. O que hai décadas sería inimaxinable, pois todos os presentes se afanarían en traballar, é hoxe a parte final, a máis coñecida, do ciclo do trigo.

O primeiro sábado de agosto realizouse a sega do trigo, cultivado en leiras próximas á capital do municipio. O pasado domingo celebrouse a meda, coa que o cereal quedou listo para a malla do domingo. A actividade empezará ás dez da mañá e acabará cunha comida popular, pero ademais a xornada está animada polo mago Antón, que ofrecerá catro pases do espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. 

A festa está organizada pola Asociación de Amigos da Feira, coa colaboración do Concello e da empresa Agroamb. O seu arraigamento nótase na afluencia de visitantes e nos case 20 anos de celebración, pois o festexo chega ás 19 edicións.