A Xunta destinará este ano preto de 16 millóns de euros para promover o sector forestal

Somos Agro LA VOZ

FORESTAL

Basilio Bello

Os serradoiros están presentes no 95% dos municipios galegos

25 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta destinará máis de 16 millóns de euros ao longo do 2025 para apoiar o sector forestal e fomentar o uso da madeira na construción, segundo anunciou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, durante clausúraa da Asemblea do Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeira de Pontevedra celebrada en Soutomaior xunto ao director xeral de Planificación e Ordenación Forestal José Luis Chan.

Fernández Ríos destacou a relevancia estratéxica do sector forestal-madeira como motor económico que xera emprego riqueza e valor engadido no ámbito rural galego segundo datos do Informe da Cadea Forestal-Madeira do 2023 os rematantes galegos venderon madeira por un valor de 423 millóns de euros e os serradoiros facturaron preto de 365 millóns unha actividade que está presente no 95% dos municipios da comunidade

O responsable de Xera explicou ademais que a Xunta está a tramitar novas liñas de axudas destinadas á valorización e segunda transformación de produtos forestais a ecoinnovación a dixitalización a mellora da seguridade e saúde laboral na industria forestal e do contract así como ao impulso de actividades formativas non reguladas para mellorar a competitividade o coñecemento e a innovación no sector

Tamén destacou o papel do Grupo Provincial de Industrias de Primeira Transformación da Madeira na mellora do capital humano a cooperación e o desenvolvemento dun sector estratéxico para Galicia, mentres que José Luis Chan recoñeceu o traballo da Asociación Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeira de Pontevedra na xeración de valor a través da transformación da madeira reafirmando ademais o compromiso da Xunta coa creación dun monte diverso multifuncional e xestionado de forma sostible

Chan lembrou as distintas accións postas en marcha pola Consellería do Medio Rural como as axudas para promover servizos ecosistémicos a creación de novas masas forestais ou a silvicultura activa en coníferas e subliñou a importancia do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 cara á neutralidade carbónica como unha ferramenta clave para lograr un monte ordenado produtivo e sustentable