Patrocinado por Patrocinadopor

Ence pechou acordos de venda para toda a súa produción de celulosa de Pontevedra e Navia deste ano

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA / LA VOZ

FORESTAL

Naturcell producido por Ence
Naturcell producido por Ence ENCE

A compaña destaca o «peso crecente» dos seus produtos especiais, que achegan un plus de valor engadido ás súas propostas nun mercado altamente competitivo

18 ene 2024 . Actualizado ás 15:57 h.

Ence anunciou que pechou acordos de venda para máis dun millón de toneladas de celulosa para este 2024. Estes acordos supoñen cubrir o máximo de produción das factorías de Pontevedra e Navia para o exercicio en curso. Os acordos de venda teñen como destino o mercado europeo, no que esta empresa «ten importantes vantaxes competitivas loxísticas e de servizo ao cliente». Con estas operacións, a compaña afirma que logra «aumentar a súa cota de mercado no continente, e mellorar o seu posicionamento en segmentos chave». Esta circunstancia evidencíase no caso das especialidades, o packaging e, sobre todo, no tisú. Todos estes produtos suman preto do 90 % das vendas contratadas. Desde Ence subliñouse que «merece a pena destacar o incremento de volume en segmentos en crecemento como o dos papeis sanitarios».

Unha mención singular atópase no «peso crecente dos produtos especiais», englobados na marca Ence Advanced. «Achegan un plus de valor engadido nun mercado altamente competitivo». Trátase de celulosa especial destinada a multitude de aplicacións e que permiten a substitución da fibra longa por curta, erixíndose tamén en alternativas sostibles ás fibras sintéticas como os plásticos. Desta forma, Ence aposta polo avance da bioeconomía circular. «Estes produtos representaron xa un 25 % dos ingresos por venda de celulosa da compañía no terceiro trimestre do 2023». O obxectivo da empresa é que para o 2027 supoñan máis do 40 % das vendas.

Con estes resultados, Ence incide en que logra «unha posición de referencia nun mercado no que a demanda mundial de celulosa experimentou un crecemento importante, acumulado desde o 2021». Así mesmo, os acordos de venda asinados por Ence para este ano revelan «a importante capiaridade da compalía, de tal modo que as operacións pechadas con clientes pequenos e medianos superan amplamente a metade das vendas».

Entre as razóns polas que a produción de Pontevedra e Navia goza de tanto prestixio nos mercados, a compaña destacou «a súa alta calidade, altamente recoñecida no sector, así como a flexibilidade na súa produción, que permite unha maior adaptación ás necesidades das empresas papeleiras».