Patrocinado por Patrocinadopor

Un polígono agrario permitirá duplicar a produción de mazá de sidra en Tabeirós

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos A Estrada/ LA VOZ

AGRICULTURA

CEDIDA

Promóveo a Xunta e contará con 100 hectáreas en Cerdedo

22 mares 2021 . Actualizado ás 09:58 h.

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuníronse na Estrada con sidreros. Un encontro no que se falou do proxecto que ten a Xunta destinado á creación dun polígono agrario que permita duplicar a superficie dedicada á produción de mazá de sidra na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Nestes momentos, desde o goberno autonómico, está a traballarse en concretar o perímetro deste futuro polígono agrario que contará cunhas cen hectáreas de terra e estará situado no municipio de Cerdedo-Cotobade .

No encontro mantido esta semana falouse dos progresos desta iniciativa. Os membros da asociación de sidreros reuníronse con José Balseiros, director xeral de Gandeiría e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

Nestes momentos na Estrada recóllense ao redor dun millón e medio de quilogramos de mazás de sidra. Unha colleita anual que se colleita unhas cen hectáreas de superficie. Con este novo polígono agrario, a extensión dedicada ao cultivo de mazás destinadas á produción de sidra sumaría outras cen hectáreas, duplicando a superficie. De momento a iniciativa e o número de hectáreas que se dedicaría ao polígono aínda non está pechada e desde a Xunta apúntase que se está á espera de «pechar definitivamente a figura». Con esta ampliación, o goberno autonómico responde á demanda de base territorial solicitada polos produtores de mazá de sidra e por parte das cinco sidrerías asentadas na comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Os representantes da Consellería de Medio Rural destacaron que a comarca reúne unhas condicións agronómicas idóneas para estas árbores froiteiras e subliñaron que a mobilización de terras destinada a aumentar a produción permitirá dar resposta a unha demanda crecente do mercado.

Os directores xerais explicaron que esta estratexia de mobilización «adquirirá unha nova dimensión coa futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente en tramitación parlamentaria». Á promoción de polígonos agroforestais, súmase a promoción de aldeas modelo xa en marcha, os polígonos cortafuego ou as agrupacións de xestión conxunta, co obxectivo de proporcionar terra a quen a necesite e xerar riqueza axudando a fixar poboación.