Val do Dubra e Negreira alíanse para dar atención temperá

e. f. NEGREIRA / LA VOZ

VAL DO DUBRA

CEDIDA

Compartirán a unidade que atende a nenos de 0 a 6 anos de idade

13 abr 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

Os alcaldes de Negreira e Val do Dubra, Manuel Ángel Leis e José Manuel Varela, subscribiron onte o convenio para compartir a unidade de atención temperá, subvencionada dentro da rede autonómica ata o 31 de outubro. Este servizo facilita aos nenos de 0 a 6 anos -e ás súas familias- con necesidades transitorias ou permanentes que presenten trastornos de desenvolvemento ou risco de padecelos a mellora da súa autonomía e a súa inclusión social mediante unha actuación transversal para o seu progreso, a través de pedagogos, psicólogos, logopedas, fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais.