
A alcaldesa, Fina Suárez, expuxo ao conselleiro Antonio Gómez Caamaño a firma dun convenio entre ambas as administracións
04 jun 2025 . Actualizado á 05:05 h.A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, reuniuse onte co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para solicitarlle melloras nas instalacións sanitarias do municipio. Ao encontro asistiron tamén a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, Amparo Pousada, e o xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio. A rexedora expuxo a firma dun convenio entre ambas as administracións para acometer obras de illamento e reparación de humidades no consultorio de Agro de Mestre (Xavestre), así como o pintado do centro de saúde de Viaño Pequeno, como principais necesidades.
Presuposto aprobado
En canto á actividade municipal, cabe apuntar a recente aprobación en pleno do presuposto do actual exercicio 2025. O Concello tracense manexará 4,17 millóns de euros, por amais de anos anteriores no que o goberno local entende como consolidación da súa liña de solvencia, estabilidade e boa xestión económica. Subliña o executivo de Suárez que mantén todas as axudas sociais, culturais e deportivos, e os distintos servizos municipais, sen recorrer a débeda. O investimento, en especial en modernización da rede viaria nas parroquias, supera o millón de euros; e apúntase unha marca en gasto social, cultural e deportivo en Trazo.