Nerea Pampín e Santiago Sánchez, coa selección nacional en Madrid

La Voz LALÍN / LA VOZ

TOURO

Cedida

09 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro de Alto Rendemento de Madrid acolle desde onte e ata mañá domingo unha concentración da selección nacional júnior de loita libre. Unhas xornadas de adestramento onde están a participar dous deportistas do club Keltoi de Vila de Cruces. Trátase de Nerea Pampín, na categoría de menos de 65 quilos, e Santiago Sánchez, na de menos de 86 quilos. A eles únese na expedición galega Nerea Iglesias , do Escola Axude de Santiago, xunto ao adestrador Marcos Miragaya, responsable do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, encargado de dirixir esta concentración na capital madrileña.

A seguinte cita tanto para Nerea Pampín como para Nerea Iglesias será outro encontro, neste caso de carácter internacional. Terá lugar do 11 ao 15 de novembro na capital alemá. En Berlín contrastarán o seu nivel técnico con deportistas doutros países.