
A totalidade as axudas para a infraestrutura superaron os 650.000 euros
07 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O centro sociocomunitario de Tordoia recibirá un investimento da Xunta de 120.000 euros, destinados aos traballos do remate interior das dependencias. Asinarase para iso un convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co Concello de Tordoia, que estará vixente ata finais do 2026 para a finalización das obras, por importe de 305.000 euros.
O centro sociocomunitario permitirá a convivencia social e interxeracional, e ofrecerá actividades culturais, formativas e ambientais. É un edificio sostible, que se sitúa nunha zona de servizos, rodeado por un xardín de árbores autóctonas e por unha área de lecer. A súa necesidade xustifícase pola construción dunha residencia de maiores na actual Casa dá Cultura, que deixa á localidade sen ese servizo.
A nova axuda da administración autonómica vén completar a colaboración emprendida no ano 2021 na licitación do centro, cun investimento de 346.000 euros, polo que a achega total ao centro sociocomunitario de Tordoia supera os 650.000 euros A actuación executouse no marco do plan Hurbe, posto en marcha pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola importancia para os concellos de desenvolver proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e ao tempo dinamizar o rural.