O PP teense inicia reunións para pechar a súa candidatura

La Voz SANTIAGO

TEO

CEDIDA

No primeiro encontro participou o último candidato, Manuel Guerra

19 feb 2023 . Actualizado ás 05:05 h.

Lucía Calvo, candidata de lPP de Teo á alcaldía e concelleira da corporación, iniciou contactos con membros do partido para abordar a elaboración da lista electoral. Na reunión participaron varios concelleiros destas siglas, incluído o actual portavoz e candidato nas tres últimas eleccións municipais, José Manuel Guerra. Tamén o número dous da lista do 2019, Antonio Reyes.

No encontro abordaron, entre outras cuestións, a posibilidade de que o Concello utilice unha zona de Lucín como depósito provisional de vehículos abandonados. A este respecto, Lucía Calvo afirmou: «Teño as ideas moi claras. Cando sexa alcaldesa, eliminarei o recheo de area e o peche metálico con postes de formigón que instalou hai uns meses o Concello, de dubidoso gusto, por certo, e os substituirei por un campo verde con bancos, para goce da veciñanza de Lucí e do resto do concello».