Dous alumnos de Teo e Santiago reciben o premio do certame de poesía Anomar

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

TEO

CEDIDA

O xurado do concurso literario decidiu dar un galardón compartido na categoría de 8 a 12 anos dada a cantidade e calidade de obras presentadas

08 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

 Entre as iniciativas que non chegou a frear a pandemia está o concurso de poesía Anomar, que cumpriu unha décimo sétima edición «un chisco diferente, sendo responsables coa situación». Hai uns días entregábanse os premios do certame convocado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos coa colaboración do Concello de Teo, no que concorreron 68 obras. O xurado (formado este ano por Ángela Fernández Rey , Alberto Chairo Fontela, Sabela Rodríguez Reino e as persoas do taller de memoria do Club de Maiores da asociación) concedeu dous premios na categoría de 8 a 12 anos, dada a calidade e cantidade, a Fernando Alló Seoane (CEIP Ramón Cabanillas de Santiago) por Desexo e a Iván Fernández Montero (CEIP Os Tilos de Teo) por O Esquío. Entre os adultos, venceu José Ramón Sánchez Varela (de Carballo), con Silabario. Este último non puido acudir ao acto, así como tampouco puideron estar presentes todos os membros do xurado, por mor das restricións na mobilidade. Con todo, a través dun audio poder escoitar da súa boca o poema premiado.