Santiso e Boimorto accederán aos servizos de o Centro de Información ás Mulleres de Arzúa

La Voz SANTIAGO

SANTISO

XOAN A.ADOITAR

Os concellos asinaron un convenio de colaboración no transcurso dunha xornada técnica de coordinación contra as violencias machistas

08 mares 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

As veciñas de Boimorto e de Santiso poderán facer uso do os servizos que ofrece o Concello de Arzúa a través do Centro de Información ás Mulleres, con, entre outros, senllos servizos de asesoramento legal e de atención psicolóxica aos que dan cobertura dous profesionais de cada un deses ámbitos. A alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo (PP), e o rexedor de Santiso, Manuel Adán (BNG), asinaron este xoves o correspondente convenio de colaboración co seu homólogo de Arzúa, o tamén nacionalista Xoán XesúsCarril , no transcurso dunha xornada técnica de coordinación contra as violencias machistas, organizada pola área de Igualdade do Concello arzuán. A edila do ramo, Lucía López, asistiu, ademais dos alcaldes, ao encontro, con presenza doutros profesionais implicados na loita contra a violencia machista, como persoal do centro médico, dos centros de ensino e da Garda Civil.