Mutualistas de Muface concéntranse en Santiago para reclamar volver ter servizo de urxencias na cidade

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Cedido

O novo concerto con Adeslas obriga aos funcionarios composteláns a desprazarse á Coruña para ser atendidos

12 may 2025 . Actualizado á 13:03 h.

Medio centenar de mutualistas de Muface en Santiago concentráronse na oficina de Adeslas, situada na rúa do Hórreo, para reivindicar seguir contando con servizo de urxencias na cidade, xa que o novo convenio coa aseguradora exclúe polo momento ao hospital HM A Rosaleda, que era o que daba esta cobertura aos funcionarios, que de non corrixirse a situación terían que desprazarse ata A Coruña para ser atendidos.

Ao berro de «urxencias si», os funcionarios, ningúns deles xa xubilados, colapsaron a oficina local de Adeslas e asinaron unha reclamación conxunta á compaña para evitar quedarse sen urxencias. «Isto non pode ser, a maioría de nós somos persoas xa de certa idade e se o que pretenden é que cando nos poñamos malos vaiamos ata A Coruña para as urxencias iso é inviable», protesta unha das mutualistas.

A perda da  atención de urxencia alarmou aos funcionarios, que advirten que este é o servizo máis importante da atención sanitaria. «Estamos moi preocupados, isto non pode ser», sinala un afectado.

Tras a súa concentración na oficina de Adeslas, o grupo trasladouse á delegación de Muface na capital galega para continuar a protesta.