Casino Santiago celebrará a súa inauguración oficial o vindeiro venres

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

CEDIDA

O novo espazo, que opera baixo licenza do Casino do Atlántico, abriu as súas portas ao público en xaneiro pasado no número 8 da avenida de Vilagarcía

12 may 2025 . Actualizado á 18:21 h.

Casino Santiago celebrará o venres a súa inauguración oficial, un acto co que o Grupo Comar, do que forma parte, quere marcar a incorporación definitiva do espazo á vida social, cultural e de lecer da cidade. Casino Santiago, que abriu as súas portas en xaneiro, opera baixo a licenza do Casino Atlántico da Coruña. É o duodécimo casino en España do Grupo Comar, que ten outros catorce no estranxeiro.

Situado no número 8 da avenida de Vilagarcía, a súa escola de crupiers formou a 22 profesionais que forman parte do seu persoal. A súa oferta inclúe, entre outros elementos, máquinas de azar de última xeración, mesas de ruleta americana, blackjack e poker iTable, ademais dun córner de apostas deportivas. Ademais, dispón dun gastrobar aberto desde as 10.00 ás 04.00 horas, con «unha carta moderna, cócteles e música en directo as fins de semana».