Un condutor case envorca en Santiago tras chocar contra outro vehículo nun aparatoso accidente
SANTIAGO
SANTIAGO CIUDAD

O sinistro produciuse na rúa Castela e León do polígono de Costa Vella
08 may 2025 . Actualizado á 10:17 h.Un aparatoso accidente entre dous vehículos rexistrado no polígono Costa Vella de Santiago obrigou a mobilizar tanto á Policía Local como aos Bombeiros da cidade.
A colisión produciuse ao fío das sete da tarde na rúa Castela e León e, aínda que non se produciron danos persoais de relevancia, un dos coches implicados case envorcou e deixou unha imaxe que chamou a atención de moitos condutores que pasaban por este punto.
Unha vez que os servizos de emerxencia comprobaron que non había feridos de consideración, os Bombeiros aseguraron as baterías dos coches sinistrados para evitar que se producise un incendio, especialmente a do que case envorca como consecuencia do impacto.