Pablo Iglesias recibe a tradicional ofrenda floral do PSOE e UGT

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

Interviñeron no acto Aitor Bouza e Marisa Rodríguez Vázquez

02 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Parque Pablo Iglesias e Branco Amor, fronte ao complexo administrativo de San Caetano, albergou na chuviosa mañá deste mércores a tradicional ofrenda floral polo Primeiro de Mayo a Pablo Iglesias, fundador do PSOE e do sindicato UGT. O acto, que reuniu a un nutrido grupo de persoas, contou coas intervencións de Aitor Bouza, secretario xeral do PSdeG en Santiago, e de Marisa Rodríguez Vázquez, secretaria xeral comarcal de UGT en Compostela.