Reforzarán a partir do luns os autobuses desde Ordes, Oroso e Teo aos hospitais de Santiago

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

As frecuencias coordínanse con lanzadeiras desde a intermodal compostelá cara ao Clínico e Conxo

21 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta reforzará a partir do próximo luns, día 25, as conexións de autobuses cos hospitais de Santiago, beneficiando a veciños de Ordes , Oroso e Teo, con máis frecuencias e mellor coordinación desde a estación intermodal cara ao Clínico e ao hospital de Conxo. Desde Ordes créanse dúas novas expedicións de luns a venres: unha con saída da localidade ás 6.40 horas, e outra de volta desde Santiago ás 22.20 horas, horarios que benefician tamén aos veciños de Oroso.

Pola súa banda, nos buses con orixe na Estrada e que pasan por Teo ofrécense ligazóns coordinadas con servizos lanzadeira en todos os horarios de luns a venres laborables. Para iso, adáptanse dous horarios e créanse dúas novas frecuencias: a que parte da Estrada ás 13.35 horas e a de regreso de Santiago ás 8.25 horas, tras a quenda de noite.

O reforzo de buses que funcionan como lanzadeira para conectar a intermodal cos hospitais será clave para mellorar a mobilidade do colectivo de traballadores sanitarios.