Mozos campións de kárate en Ames

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

cedida

Destaca actuación de sete deportistas da escola Dokkodo na liga Galega

26 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A escola de kárate Dokkodo, de Ames, logrou un bo resultado na liga Galega. Santiago Rivas conseguiu medalla de bronce en kumite, na categoría xuvenil masculino de menos de 36 quilos. Raúl Rodríguez, quinto na categoría cadete masculino de menos de 52 quilos avanzados. Maximiliano Cobeña, quinto en kumite, na categoría alevín masculino de menos de 34 quilos iniciación. Martín Campos logrou medalla de prata en kumite; e igualmente, Jadel Rodríguez e Bruno Varela, medallas de ouro nas categorías infantil masculino de menos de 45 quilos avanzado e alevín masculino de máis de 34 quilos iniciación, respectivamente. Xián Blanco clasificouse quinto en kumite alevín de menos de 34 quilos avanzado.