Pequenas alegrías para os nenos ingresados no CHUS

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

CEDIDA

Actores, magos, deportistas, músicos e artesáns, entre outros, colaboraron este mes con Obra Social Pediatría para arrincar un sorriso aos menores hospitalizados

27 feb 2020 . Actualizado ás 09:04 h.

Nos hospitais non só suceden cousas malas. Para mostra, a da Aula Hospitalaria, coordinada por Mª Elena Sobrino. No último mes, persoas anónimas e caras coñecidas achegaron o seu granito de area para facer máis levadía a súa estancia no CHUS aos menores ingresados, cos que compartiron momentos entrañables e máxicos. O actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, o Mago Teto, os campións de squash Carlos Cornes e Borja Golán, dous representantes do balonmán feminino como Ana e Laura, a Escola de Música Allegro, os talleres de artesanía de Leonor (de Como Peixe na auga) ou o Mago Charly Braun, un vello colaborador de Obra Social Pediatría que incluíu a ilusión e o ilusionismo entre as materias do seu plan de estudos. Son só algúns nomes dunha lista que crece a medida que o fan os sorrisos duns pacientes que non superan os 16 anos, e que nalgún caso se enfrontan a situacións tan complicadas como unha enfermidade crónica, moi grave ou terminal.

[[\twitter::

]]

[[\twitter::

]]

[[\twitter::

]]

[[\twitter::

]]