Ramón José Estévez Cabanas toma posesión do seu cargo como decano da facultade de Química

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

XOÁN A. SOLER

03 oct 2006 . Actualizado ás 07:00 h.

O profesor Ramón José Estévez Cabanas (A Estrada, 1953) tomou onte posesión do seu cargo como novo decano da facultade de Químicas da Universidade de Santiago (USC) nun acto celebrado no pazo de San Xerome e presidido polo reitor da USC, Senén Varro. Estévez Cabanas substitúe a Ramón Leis Fidalgo a cargo de unha facultade á que definiu como «primeiro recurso científico-tecnolóxico de Galicia» e que situou entre as máis relevantes de España pola súa actividade investigadora e o seu capital humano. Entre os principais retos que deberá afrontar durante o seu mandato o novo decano figura sobre todo a adaptación da titulación ao Espazo Europeo de Educación Superior, así como o desenvolvemento dos posgraos oficiais e a reforma do centro. No novo equipo decanal tamén figuran Alejandro Macías como vicedecano e Saulo Vázquez como secretario. Por amais deles estará Estévez Cabanas, anteriormente vicedecano do centro e dedicado á investigación de compostos bioactivos.