A renovación das marquesiñas do sur da comarca de Santiago, ao 25 % de execución

La Voz SANTIAGO

ROIS

CEDIDA

O proxecto prevé instalar 63 estruturas e acondicionar a accesibilidade para o transporte urbano

06 abr 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O plan autonómico para renovar as marquesiñas do transporte de viaxeiros por estrada acadou unha execución do 25 % no proxecto da área denominada Santiago Sur, que inclúe 63 paradas, 35 das cales están situadas no tramo teense da AC-841. O resto repártense polos concellos de Dodro (2 paradas), Padrón (2), Rois (7), Santiago (8) e Vedra (10).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisou onte estes traballos coa rexedora teense, Lucía Calvo (PP), confirmando que o proxecto ten materializada unha cuarta parte. As obras en chan teense céntranse nas paradas dos Tilos, Parque Montouto e Cacheiras. A adxudicataria do contrato tamén esta traballando nos núcleos de Urdilde, Samil e Castro, no termo municipal de Rois . Nas estradas AC-543 e AC-301, en Santiago, Rois e Padrón, xa se instalaron marquesiñas en Barcia, Roxos, Martelo e Lestrove. A medida que rematen os traballos, as novas marquesiñas poranse en servizo. O plan, ademais de renovar estas estruturas, melloran a iluminación e a accesibilidade ás mesmas con ramplas. Tamén ofrecen información en braille..