Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Maksym Bilyi de despide cun segundo posto na Volta a Salamanca

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

PADRÓN

VCS

O ciclista ucraíno do Padronés Cortizo empregou 12 segundos máis que o gañador

21 sep 2025 . Actualizado á 21:49 h.

Maksym Bilyi despídese do Padronés Cortizo cun novo podio na Volta a Salamanca. O equipo galego pecha a tempada co segundo posto do ciclista ucraíno na rolda castelá. O corredor culminou unha semana exitosa que empezou hai sete días coa vitoria absoluta na Volta a Galicia e que se completou este domingo co subcampeonato na rolda castelá.

A Volta a Salamanca, que este ano se ampliou a tres etapas, reservou para a súa xornada final unha contrarreloxo individual polas rúas da capital que resultou ser determinante. Se na Volta a Galicia todo chegaba nun puño ao último día, cunha ducia de corredores nunha marxe dun minuto, o desenlace en Salamanca aínda foi máis apertado. A etapa raíña do sábado deixou a xenerala con cinco corredores empatados na cabeza co mesmo tempo e ordenados na clasificación por puestómetro: Gari Ugarte (Euskadi Fundazioa), Jose Autrán (Supermercados Froiz), Pablo Lospitao (Caixa Rural), o propio Maksym Bilyi e Miguel Moya (High Level Gsport).

Ugarte, sobre o papel o mellor na loita contra o crono, cumpriu co seu rol de favorito e adxudicouse a xeral e a etapa, completando o percorrido de algo máis de 4 quilómetros en 5 minutos e 1 segundo. Bilyi empregou 12 segundos máis, un tempo que lle permitiu ascender ata o segundo posto da xenerala final e despedirse do Padronés Cortizo co bo sabor de boca dun novo podio.