
Xa hai medios aéreos e terrestres na zona
05 ago 2025 . Actualizado á 16:20 h.O alcalde de Padrón, Anxo Arca, informou de que se reactivou o incendio declarado o sábado no monte Santiaguiño e que ese día afectou á parte do termo municipal de Dodro. Engade que xa hai medios aéreos e terrestres na zona.
O do sábado queimou 3,5 hectáreas de terreo con eucalipto sen limpar na parte de Lestrobe, en Dodro. Este Concello informou de que os primeiros indicios apuntan a que foi provocado. Para a súa extinción, a Consellería do Medio Rural mobilizou numerosos medios por terra e aire. No lugar estiveron tamén o GES de Padrón, Policía Local e Guardia Civil.