
A actividade centrouse no traballo autónomo cun importante peso na localidade
19 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Saúde laboral en Padrón
O municipio de Padrón acolleu a xornada de Saúde laboral e traballo autónomo, centrada na prevención e o impulso ao tecido produtivo. O alcalde, Anxo Arca, inaugurou o evento, acompañado da edila de Promoción do Emprego, Chus Campos, e do presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos, Eduardo Abad. Arca puxo en valor o peso do traballo autónomo en Padrón e asegurou que «se conseguimos empregar a 72 persoas máis, poderemos falar de tecnicamente de pleno emprego».