Inauguración da exposición «O herbario de Rosalía» en Caldas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PADRÓN

Ramón Leiro

A mostra poderase visitar no Auditorio Municipal ata o vindeiro 16 de marzo

28 feb 2024 . Actualizado ás 19:21 h.

Este mércores, Caldas de Reis inaugurará a exposición Nasín cando as prantas nasen. Ou herbario de Rosalía, mostra con imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora de Padrón. Poderase visitar no Auditorio Municipal ata o vindeiro 16 de marzo, en horario de mañá para visitas concertadas de centros escolares e pola tarde (de 17 a 19 horas) para o público xeral.

A exposición, realizada da man da Fundación Rosalía de Castro, da que o Concello é mecenas, pretende honrar á a autora «máis destacada e máis universal da cultura galega, un símbolo nacional de Galiza», precisou o concelleiro de Cultura Manuel Fariña. Engadiu que, con esta actividade, igual que coa ofrenda floral no monumento do Paseo da Tafona e o espectáculo de monicreques na biblioteca para as crianzas da vila celebradas o pasado día 23, día no que se conmemorou o nacemento da escritora, o Concello busca reivindicar a vixencia do seu pensamento e a reivindicación da lingua galega.