DesOrdes Creativas recibe este ano 34.500 euros da Deputación coruñesa

La Voz SANTIAGO

ORDES

BASTIÁN RODRÍGUEZ

Xosé Regueira, vicepresidente provincial, sinala que a arte urbana permite captar visitantes que doutro xeito non chegarían

08 feb 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación coruñesa deu a coñecer as axudas que destina este ano 2025 a festivais de arte urbana, na modalidade de pintura mural, na provincia. É un importe de 149.770 euros, para cinco eventos, entre os que se atopa DesOrdes Creativas de Ordes, que terá 34.500 euros; está preto do tope de 35.000 que levan tanto Cambre como Carballo, mentres a cita de Oleiros obtén 23.350 e a de Rianxo 21.920.

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou as axudas porque «contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica», captando uns visitantes que doutro xeito non chegarían.