Denuncian roubos do interior de seis coches en garaxes de Ordes

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

ORDES

cedida

Foron perpetrados en rúas céntricas como Alfonso Senra

15 oct 2021 . Actualizado ás 00:10 h.

Policía Local e Garda Civil de Ordes recibiron denuncias por roubos en seis coches estacionados en garaxes da localidade, sucedidos a madrugada do luns en rúas céntricas como Alfonso Senra. O obxectivo do autor ou autores era diñeiro en metálico, xa que nalgún caso a pesar de haber outros obxectos de valor, como un computador portátil, evitaron levarllo. Baleiraron algunha carteira, con algún botín de 80 euros. As forzas de seguridade recomendan non deixar efectos de valor nin diñeiro nos coches.

En días anteriores houbo roubos similares en Sigüeiro .