O Obradoiro e Gadis volven aliarse nunha campaña solidiaria

La Voz

ORDES

XOAN A. SOLERXOAN A. ADOITAR

Está articulada en torno ao partido ante o Andorra

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Obradoiro e Gadis colaboran por quinto ano consecutivo nunha campaña solidaria que ten por obxecto recoller alimentos non perecedoiros para a súa posterior entrega a unha oenegué. Está articulada en torno ao último partido do ano en Sar, o que disputará o colectivo de Moncho Fernández fronte ao Andorra o sábado día 30.

A campaña ponse hoxe en marcha e manterase operativa ata o día do encontro, salvo que antes se complete a capacidade do pavillón. Participan os supermercados da cadea en Compostela, Negreira, Cacheiras, Ordes, Padrón, Bertamiráns e Teo.

Os clientes que fagan compras superiores a corenta euros recibirán un billete canjeable por unha entrada para o Monbus Obradoiro-Andorra cun custo de dez euros. Por cada entrada, Gadis doará un quilo de produtos non perecedoiros.

Hai un ano a campaña coincidiu coa visita do Joventut a Sar e saldouse coa recollida de cincocentos quilos de alimentos e produtos de hixiene que foron entregados ao Albergue Xoán XXIII.