Preto de 900 persoas asistiron á Xuntanza dos Nosos Maiores no Pino, que rendeu homenaxe a catro veciños de 93 e 94 anos
SANTIAGO / LA VOZ
O PINO

Perfecto López Brea, Carmen Vázquez Castro, Alicia Tato e Jesús Salvado foron distinguidos onte cunha placa e un obsequio
13 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Preto de 900 persoas participaron onte na vixésimo sétima edición da Xuntanza dos Nosos Maiores do Pino, que este ano rendeu homenaxe a catro veciños de entre 93 e 94.

O alcalde, Manuel Taboada, xunto a outros edís e o director xeral de Maiores, Antón Acevedo, entregaron as súas respectivas placas conmemorativas e obsequios a Perfecto López Brea e Carmen Vázquez Castro (naturais de Lardeiros), Alicia Tato (nacida en Cerceda) e Jesús Salvado (en Budiño).