O Negreira abrirá o play off de ascenso en Cambados arroupado pola súa afección

La Voz

NEGREIRA

Xoán A. Soler

Este domingo dispútase o partido de ida da primeira eliminatoria

24 may 2025 . Actualizado á 01:02 h.

O Negreira, que acabou segundo no seu grupo de Preferente, disputará este domingo en Cambados, ás 18 horas, o partido de ida da primeira eliminatoria na loita polo ascenso a Terceira División. O conxunto rojillo estará moi arroupado pola súa afección. Ao redor dun centenar de seguidores desprazaranse en dous autobuses, en viaxes organizadas, e moitos farano en automóbiles particulares.

Adrián Vázquez Forján ten a todo o cadro de persoal dispoñible excepto Peke, convalecente dunha lesión muscular.

A conquista da Copa de Sar, na quenda de penaltis ante o Calo, supuxo unha inxección de moreira para o equipo e un impulso máis para a afección. Dar o salto a Terceira División suporía acabar moi por amais das expectativas coas que comezou a campaña.

O Cambados clasificouse como quinto do seu grupo, con 59 puntos. Gañou dezasete partidos, empatou oito e perdeu nove. O Negreira sumou 67 puntos. Gañou vinte encontros, empatou sete e perdeu outros sete.

O domingo tamén se disputarán os partidos de ida das outras tres eliminatorias de ascenso: Sofán-Beluso, Lalín-Céltiga e San Tirso Atios. Os choques de volta están fixados para o domingo 1 de xuño.