A Deputación iniciará este verán a mellora doutro tramo do viario de Pontenafonso, en Negreira

Emilio Forján NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

CEDIDA

González Formoso visitou o municipio barcalés, no que o organismo provincial investiu 5 millóns no último lustro

16 abr 2021 . Actualizado ás 14:16 h.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puxo de manifesto onte o esforzo investidor da institución provincial no municipio de Negreira , ao que destinou cinco millóns de euros nos últimos cinco anos, que avanzou que serán máis. Así, este verán comezará a ampliación en 2,5 quilómetros do viario a Pontenafonso, entre Liñaio e a ponte de Barbazán. O investimento nesa obra supera os 1,4 millóns. González Formoso supervisou a recente remodelación da rúa Teresa Fabeiro, contratada por 191.906 euros. Executouse unha separativa de pluviais para evitar a inundación de garaxes desde a praza das Brañas. Acompañado polo alcalde, Manuel Ángel Leis (PSOE), González Formoso comprobou as melloras de pavimentación das avenidas de Barcala e As Brañas, ás que se sumarán as da avenida de Santiago.