O bipartito de Melide e o PSdeG expoñen instar a retirar o recebado da igrexa

La Voz MELIDE

MELIDE

PACO RODRÍGUEZ

Pedirán a Cultura que modifique o proxecto de restauración do templo de San Pedro

18 sep 2025 . Actualizado á 05:05 h.

O bipartito de Melide (Adiante Melide-BNG) e o PSdeG porán sobre a mesa do pleno na próxima sesión ordinaria unha moción na que propoñen acordar dirixirse á Consellería de Cultura para que modifique o proxecto de restauración da igrexa de San Pedro, no referente ao recebado e encalado que se propón como solución para as fachadas do templo. «Resulta totalmente incoherente co discurso histórico e coa tendenza da fábrica desta edificación, porque, segundo a documentación, non consta que tivera recebo en ningún momento».

É o que sosteñen, entre outras razóns, os portavoces municipais das tres formacións que asinan a moción, presentada no rexistro municipal polo BNG. O acordo plenario que exporán adoptar o grupo municipal maioritario, o PP, tamén expresa o «apoio, valoración e agradecemento» á Consellería de Cultura pola obra.