O goberno de Melide estuda o proxecto de Altri para Palas de Rei

La Voz SANTIAGO

MELIDE

ALBERTO LÓPEZ

Non se pronuncia sobre a planta e prepara unha charla cun técnico da empresa

08 mares 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O goberno de Melide (Adiante Melide-BNG) estuda o proxecto presentado pola multinacional lusa Altri para a instalación, no veciño municipio de Palas de Rei, dunha planta de produción de celulosa e de fabricación de fibra téxtil de orixe forestal. Pouco máis transcendeu da reacción do equipo do alcalde independente José Manuel Pérez ante o avance, esta semana, da tramitación administrativa do proxecto, exposto a información pública por parte da Secretaria Xeral de Industria da Xunta. Preguntado respecto diso, o bipartito melidense declinou realizar valoración inicial algunha sobre a fábrica de liocel, que está xerando un movemento de voces críticas na comarca da Ulloa que empeza a ter eco no municipio melidense.

O goberno local limítase a informar os veciños da apertura do prazo para presentar alegacións, que é de 30 días hábiles desde a publicación, o pasado luns, no Diario Oficial de Galicia do proxecto, así como da solicitude de autorización ambiental integrada, do estudo de impacto ambiental, e da declaración de utilidade pública. Nun bando difundido a través o perfil en Facebook do Concello melidense, a alcaldía informa o procedemento, anunciando ao fío que «traballa en fixar unha data para que representantes da empresa Altri resolvan as dúbidas que lles poidan expor as veciñas e os veciños do noso concello». Tamén en convocar unha reunión veciñal cun representante da papeleira portuguesa traballa en Santiso o goberno do alcalde do BNG Manuel Adán, tal e como anunciou a través dun bando publicado en Facebook no que dá conta da apertura do prazo de alegacións