Unha muller falece en Melide ao explotar a pota exprés mentres cociñaba

Xurxo Melchor
Xurxo Melchor SANTIAGO

MELIDE

Xoán A. Soler / Cenamor

O accidente hase producido no lugar de Guillar

18 sep 2018 . Actualizado ás 00:47 h.

Unha muller faleceu este mediodía en Melide ao explotar a pota exprés coa que estaba a cociñar nunha vivenda situada no lugar de Guillar.

Polo momento descoñécense as causas que provocaron a deflagración, que agora deberán determinarse. Tan só se sabe que a pota estaba ao lume e que explotou causando a morte da señora. Nun primeiro momento pensouse que o accidente podía deberse a unha bombona, pero, chegados ao lugar, os bombeiros constataron que foi a pota exprés a que o produciu.

A vítima, de 66 anos de idade, estaba soa en casa no momento no que se produciu a explosión e foi o marido atopouse co cadáver cando regresou á vivenda.

Ata o lugar dos feitos acudiron os Bombeiros de Arzúa, así como a Garda Civil. Están á espera de que acuda o xuíz para poder levantar o cadáver.