
Máis de 270 das 454 que participan nas actividades anuais acudiron á festa de despedida
19 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Escolas deportivas
Máis de 270 nenos e adultos participaron en clausúraa das Escolas Deportivas Municipais de Frades, celebrada no polideportivo de Ponte Carreira. O evento rematou coa entrega dos diplomas de mans do alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos. Este ano apuntáronse ás propostas 454 persoas, que son 140 máis que na convocatoria do pasado exercicio.