Vandalismo agrario en Dodro: «Cortaron o plástico do rolos de herba a conciencia. Non valen para nada»

AGRICULTURA

Aparecen danados uns 35 rulos de forraxe para animais, en leiras próximas á aldea de Pexegueiro
21 jul 2025 . Actualizado á 09:18 h.Uns 35 rolos de silo de herba verde e ningún de seca, apareceron esta mañá co plástico cortado en leiras da aldea de Pexegueiro, no municipio de Dodro. Os gandeiros propietarios da forraxe chamaron á Garda Civil, que xa estivo no lugar sacando fotografías dos danos. Ningúns dos rolos cortados están en parcelas situadas ao lado da estrada principal que une Rois e Dodro, pero tamén os hai noutras parcelas de pistas secundarias polo que os afectados desconfían de que os autores dos danos «non son de moi lonxe. Sabían o que facían», conta un dos gandeiros que, polo momento, librouse dos ataques, pero que xa os sufriu o ano pasado. E é que non é a primeira vez que cortan o plástico dos rolos de herba, deixándoo inservibles e provocando así perdas considerables xa que o custo de cada un deles rolda entre os 50 e 60 euros, no caso de que haxa abundancia, segundo explicou hoxe un gandeiro de Dodro. Con 35 cortados, hai unhas perdas mínimas de 1.750 euros.
«Cortaron os rolos a conciencia, con un corte limpo e abriron ben o plástico para que entre o vento e a auga e estropee a herba. Non valen para nada. A perda é moi grande porque son o alimento dos animais no inverno», explica a mesma persoa. Este relaciona os danos dun ano e doutro, ao ser rolos dos mesmos gandeiros, e cre que «hai que saber parar». Ten claro quen é os que poden estar detrás dos ataques e sostén que se alguén considera que algún gandeiro fai algo mal, «que o denuncie, que se defenda coa lei», pero que non xogue co alimento dos animais.
Os rolos cortados están en distintas leiras, nas que tamén hai outros que non tocaron. «Non sabemos que ruta fixeron, pero isto non ten sentido», sinala o gandeiro de Dodro, quen cre que, quizais, non danaron ningúns por temor a ser vistos desde as vivendas da aldea de Pexegueiro.