Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

A parcelaria de Dodro-Laíño II reduce a 1.378 as 8.973 leiras actuais

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

DODRO

O próximo día 19 celebrarase unha reunión cos propietarios para expor e revisar os planos

04 ago 2022 . Actualizado á 05:05 h.

Na xunta local da zona de concentración parcelaria de Dodro-Laíño II informouse do acordo de reestruturación parcelaria, que afecta a 454 hectáreas e 1.019 propietarios. As actuacións en marcha permitirán reducir as 8.973 leiras actuais a 1.378, reducíndose o número de predios por propietario dos 8,81 actuais a 1.35.

A reunión cos propietarios, para a exposición de planos e a súa revisión, efectuarase o próximo día 19. A colocación de marcos que delimiten as novas parcelas está prevista para o mes de decembro. O goberno local di que se retoma así un proceso «paralizado polas decisións» do anterior executivo local.