
Tras as melloras nos centros de Bexo, Dodriño, Chenlo e Vigo, haberá obras na escola de Lestrove
16 mar 2022 . Actualizado á 05:05 h.A matrícula nas escolas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Dodro crecerá o próximo curso, segundo os datos que manexa o Concello, que asegura que a colaboración que mantén co CRA e as familias «está dando moi bo resultado na tarefa de manter abertas as escolas unitarias do municipio e, por tanto, un sistema educativo que funciona».
Por iso, o Concello continuará coa colaboración co CRA e a mellora das escolas, unha vez que considera que a educación «é un valor de futuro para o concello», en palabras do alcalde Xabier Castro.
Tras as melloras nos centros de Bexo, Dodriño, Chenlo e Vigo, ten previsto obras na escola de Lestrove, para mellorar a súa accesibilidade e a contorna, como a limpeza do parque. Todo iso para seguir apostando polo CRA.