O Eusebio Lorenzo Baleirón pon en xogo 2.500 euros

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

DODRO

ALVARO BALLESTEROS

O concello de Dodro convocou o certame de poesía, ao que poderán presentarse obras en inéditas en galego de entre 500 e 800 versos ata o 8 de outubro

19 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Dodro convocou o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que cumpre o seu trixésimo cuarta edición e porá en xogo unha dotación económica de 2.500 euros, así como a publicación do texto vencedor o próximo ano. O certame literario busca honrar a memoria do escritor que lle dá nome e contribuír á promoción da lírica galega. O concurso está aberto á participación de calquera persoa maior de 18 anos e poderán concorrer con traballos orixinais e inéditos en galego normativo.

As obras son de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán presentarse en formato dixital, por medio dunha memoria USB ou un cedé, acompañados dunha plica ou sobre pechado. No seu exterior figurará o título e lema e no interior incluirase unha copia do DNI do autor, a súa dirección, teléfono de contacto e correo electrónico, así como un breve currículo literario e unha solicitude de participación (cuberta conforme ao modelo que figura nas bases de participación).

O prazo para presentar os traballos ao certame finaliza o día 8 de outubro e a decisión do xurado darase a coñecer o 6 de novembro, na Casa da Cultura de Dodro. A entrega do premio está prevista o 11 de decembro.