O Concello de Dodro publica a obra de Cristina Ferreiro gañadora do premio Baleirón

dodro / a voz

DODRO

03 dic 2014 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Dodro acaba de publicar a obra As paisaxes eléctricas, de Cristina Ferreiro Real, que é a obra gañadora do XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Este libro súmase á colección de poesía que leva o nome do poeta dodrense falecido, actualmente editada por Sotelo Blanco e que se creou en 1991, tres anos despois de que se instituyera o certame literario, un dos máis antigos e coñecidos da lírica en galego.

Cristina Ferreiro Real, escritora lucense nada en 1983, reside actualmente en Granada. Deuse a coñecer no 2006 ao gañar o premio de poesía Concello de Ames co libro A extinción dos harmónicos e ao ano seguinte obtivo o premio Francisco Añón con . Ansiedade e planetasNo 2012 logrou o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño con Abecedario póstumo. O xurado do Lorenzo Baleirón destacou, fronte a outras 42 obras, a fluidez e coherencia da súa poesía.