A Patinaxe Artística Brión debutou cun oitavo posto no Campionato de España

La Voz

BRIÓN

Cedida

O club xa prepara a participación na Copa, que se disputará en Alcoy

28 mares 2024 . Actualizado ás 19:41 h.

O Club Patinaxe Artística Brión conseguiu cumprir o soño, gañado a pulso, de participar no Campionato de España de Grupos Show que se disputou en Santander. Os pais das deportistas puxeron en marcha unha campaña de micromecenazgo para poder custear a ilusión e o equipo, na súa primeira presenza nesta cita de ámbito nacional, asinou un meritorio oitavo posto, na modalidade de grupos show pequenos, na que mediu as súas habilidades con outros vinte e un contendentes.

A proba foi claramente dominada polos representantes cataláns, que coparon os catro primeiros postos. O quinto foi para as galegas do CPA Condado, de Salvaterra de Miño. O sexto posto foi tamén para un conxunto catalán, o Geieg. O sétimo para os cántabros de Laredo. E o oitavo para o Brión, coa coreografía Birka e a seguinte lenda: «Escoita a chamada, chegou o momento. Da escuridade rexurdimos para loitar polo que é noso».

O Club Patinaxe Artística Brión non para e pon xa proa ao seguinte gran desafío, a Copa de España que se disputará na localidade alacantina de Alcoy do 4 ao 7 do mes de abril.