
A Pequebanda da Banda de Ponte Ledesma ofreceu un concerto aos nenos do programa de conciliación
17 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.Diversión en Boqueixón
Os nenos e mozos que participan no servizo de conciliación Verán Activo, de Boqueixón, recibiron a visita de Pequebanda da Banda de Ponte Ledesma, que lles fixeron vivir unha xornada memorable e achegáronlles ao fascinante mundo da música. Algúns pequenos animáronse a coller a batuta para dirixir a banda. Foi, sen dúbida, unha experiencia única para achegalos á música e, quen sabe, espertar neles o interese por aprender a tocar un instrumento e integrarse nunha agrupación.