Pagan 6.100 euros por unha frisoa e baten a marca da feira Magreco de Boimorto

La Voz SANTIAGO

BOIMORTO

JUAN MARTINEZ

A poxa dos 14 exemplares que se presentaron superou os 46.000 euros

25 mares 2024 . Actualizado ás 11:48 h.

A feira multisectorial de novidades de maquinaria agrícola e forestal de Boimorto , Magreco, bateu onte a súa marca histórica na poxa de gando que acompaña á exposición e na que se venderon 14 exemplares de raza loura galega e frisoa por un montante que superou os 46.000 euros. A sorpresa chegou coa última res dun desfile que seguiron unhas dous mil presentas, entre elas, o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, a alcaldesa, María Jesús Novo, e membros da corporación local. O seu prezo subiu ata os 6.100 euros, toda unha marca en Magreco. A vaca procedía da gandería Saamil SC, de Toques, e o seu valor dobrou o da oferta das dúas frisoas polas que menos se puxou: 2.950 euros cada unha. Magreco viviu esta fin de semana a súa décima edición con moito ambiente e máis de 50 expositores.