Arzúa activa no instituto un programa para previr condutas machistas

La Voz ARZÚA

ARZÚA

Cedida

A iniciativa desenvolverase durante todo o curso

25 sep 2025 . Actualizado á 05:05 h.

Os alumnos de secundaria, de bacharel e de formación profesional do IES de Arzúa son os destinatarios dun programa impulsado pola concellaría de Igualdade do Concello arzuán para traballar a prevención de condutas machistas. A iniciativa, que se desenvolverá durante todo o curso coa colaboración do equipo de  Igualdade e Diversidade do instituto e baixo a coordinación do consultora Prisma, responde as conclusións ás que chegaron os axentes implicados tras analizar os resultados dunha enquisa que, entre outubro e xaneiro pasados, trasladóuselles aos estudantes para coñecer as súas percepcións acerca da igualdade.

«A enquisa revelou que hai certo descoñecemento en temas importantes, e por iso é fundamental que os traballemos en colectivo, para estar o mellor informados posible, dotarnos de ferramentas que nos axuden a diferenciar os feitos dos bulos, e crear espazos seguros nos que debatirmos e pensar sen medo a ser xulgado», explicou Xurxo Feijóo, un dos coordinadores, ante os 21 alumnos cos que arrincou o programa.