
As actuacións serán entre o 12 de setembro e o 26 de outubro
08 sep 2025 . Actualizado á 21:05 h.Santiago, Negreira e Arzúa acollerán citas do festival Camiño Escena Norte, a proposta que desprega dez espectáculos de teatro, danza e circo en Galicia e outros tantos, de forma simultánea, noutras cinco comunidades autónomas —Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa—, entre o 12 de setembro e o 26 de outubro. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, participou en Santiago este venres na presentación, que tivo lugar na praza do Obradoiro, meta da peregrinación que serve de fío condutor desta iniciativa de intercambio escénico e que pretende transcender aos grandes núcleos urbanos. Galicia recibirá a grupos doutras comunidades, pero tamén exportará espectáculos de Chévere ou Paula Quintas Cía.